xoves, 28 de xuño de 2018

FIN DE PROXECTO

Este é o vídeo resumo do que foi o final deste proxecto, o día en que todo o alumnado fixo de anfitrión e guía a todos os visitantes do Museo LeirARTE.


A canción do vídeo é a que vimos escoitando este mes nas entradas e saídas, "Teño un bo plan" do disco "Radio BuleBule". Agradecemos a Paco Nogueiras que nos autorizase o seu uso.

UN MURO CON ARTE

E como como producto final deste trimestre do proxecto de LeirARTE, gozamos da pintura mural de cadros de pintores e pintoras galegos no muro do noso patio.

                       

luns, 18 de xuño de 2018

AS ARTES NA REVISTA ESCOLAR

O número 56 da revista escolar Agromar está adicado enteiramente ao proxecto LeirARTE. Recolle traballos realizados polo alumnado todos con temática relacionada coas Artes.


PINTANDO CON ALVARO CARUNCHO

As alumnas e alumnos de 2º estiveron investigando sobre o pintor Álvaro Caruncho e este foi o proceso:


                            

sábado, 16 de xuño de 2018

PREPARANDO A APERTURA DO NOSO MUSEO

O museo LeirARTE abre ao público! 
LeirARTISTAS traballaron duramente para que todo estivese a punto:
Preparando a porta de entrada



Deseñando as invitacións




Comprobando que todo funcione


 LISTO!

venres, 15 de xuño de 2018

A LITERATURA NA EMISORA ESCOLAR

O programa correspondente a cuarto de primaria estivo dedicado á Literatura, na figura de María Victoria Moreno. As nenas e nenos procederon a realizar a lectura do conto "O día do naufraxio", extraído do libro "Mar Adiante"

VISITA "VIRTUAL" AO PAZO DE LIRA

Na excursión do proxecto iámos visitar o Pazo de Lira.Alí  contariamoslle todo o que aprendimos do pazo ao resto do cole.Fíxosenos tarde e non puidemos facer a visita.Quedamos decepcionados porque traballamos moito preparando a explicación.
Gravamos as explicacións,puxémoslle fotos e fixemos esta visita  virtual.
Esperamos que vos guste.

Cristina Fernández e Gael Cambra, 4º