venres, 27 de abril de 2018

SAIDA: ARQUITECTURA

Saimos do cole para visitar algunhas das obras arquitectónicas que andivemos a investigar no 1º trimestre. Aínda nos lembrabamos e puidemos explicar algunhas cousas aos compañeiros e compañeiras.
As fotografías foron case todas feitas polo alumnado de 5º e 6º, aprendendo a recoller documentos gráficos!


FALANDO DO HÓRREO

As alumnas e alumnos de 2º, cos seus dintintos equipos: "Suricatos", "Gato" e "Panda" contan  a todos o que aprenderon sobre os canastros.

   




sábado, 21 de abril de 2018

SAÍDA DO PROXECTO: A NOSA ARQUITECTURA

O 20 de Abril de 2018 as 10:00 fomos de excursión ao Castelo de Sobroso, á Fonte da Gándare e Palco de Mondariz, Castro de Troñae Ponte Medieval de Ponteareas. Fomos visitalos porque no primeiro trimestre estudámolos para logo decirselo aos demais o que aprendimos.  Iamos ir a Lira a ver o Pazo e o Palco pero non nos deu tempo.
Chamounos a atención os castros, que son casas redondas e as vistas dende o castelo de Sobroso.
Gustounos a mazmorra do castelo e moitas cousas máis.
 As pedras do castelo tiñan as firmas dos canteiros.
Faláronnos da Fonte da Gándara os de terceiro e do palco de Modariz os de sexto. Nos castros de Troña falaron os de quinto e na ponte mediaval falaron os de primeiro.
A auga da fonte de Gándara tiña gas e sabía mal.


Xurxo Rodríguez Rodríguez e Fins Puga Vilaboa 
(4º de E.Primaria)


venres, 20 de abril de 2018

ANTÓN CORTIZAS: ENCONTRO E ENTREVISTA

Antón Cortizas é un escritor con moitísima produción literaria, narrativa, poesía, teatro, ensaio... un creador moi completo. Con el mantiveron unha conversa os nenos e nenas de 2º e 3º despois de ler dous dos seus libros. Fixeron preguntas e escoitaron todo o que este autor nos quixo contar, que foi moito e moi bo. 
Tamén fixeron con el unhas bolboretiñas de papel nas que tiveron que escribir logo bonitas palabras, como as da protagonista de "O lapis de Rosalía".


Agasallamos a Antón Cortizas con este libriño de poemas feito polo alumnado de 3º, con poemas que tentan seguir a estrutura dos que leron en "Vaia Tropa" 
 
;

mércores, 11 de abril de 2018

DESEÑO DE MODA

NA AULA DE 4 E 5 ANOS, DESPOIS DE LER "A CEBRA CAMILA" E COÑECER TODOS OS PERSONAXES DO CONTO MÁIS O QUE ACONTECEU CO VESTIDO DA CEBRA, DECIDIMOS DESEÑARLLE UN NOVO VESTUARIO.
EN EQUIPOS COOPERATIVOS SAIRON ESTAS CATRO PROPOSTAS TODAS ELAS SUPER CREATIVAS!!:





luns, 9 de abril de 2018

FALANDO DO ENTROIDO NA EMISORA ESCOLAR

Programa correspondente ao mes de Marzo, realizado polo alumnado de 2º de Educación Primaria.
O tema xira a festa do entroido que este ano está adicoado ás artes.
Con formato de entrevista,  as nenas e nenos do cole responden as preguntas sobre o proceso de confección dos seus traxes, as súas opinións sobre os disfraces e a celebración do Entroido.

mércores, 4 de abril de 2018

MÚSICA DE CINE

O papel da música no cine é o que estamos traballando na aula de música, todos os cursos. 
Escoitamos e visualizamos a música de catro películas: "Cantando bajo la lluvia", "Piratas del Caribe", "La pantera rosa" e "Coco". Informámonos sobre o contido, antigüidade, e do papel da música en cada unha delas.
Escollimos unha escena representativa de cada película e plasmamos a nosa carteleira en forma de escultura, con catro ángulos de visión diferentes, en formato diagonal.




Os máis pequenos encárgaronse de pintar con témperas, os demais cursos recortaron, pegaron e deseñaron as carteleiras e os detalles.



Agora que xa sabemos un pouco máis da importancia da música no cine, imos interpretar de distintas maneiras as cancións das catro películas, a través do baile e da interpretación instrumental, rítmica e vocal.