Amosando publicacións coa etiqueta escultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escultura. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de maio de 2018

UN ESCULTOR NA ESCOLA . ENTREVISTA

Gustounos a exposición de esculturas que hubo no cole . O escultor chámase Severiano Lago Palmero. 
As que máis nos gustaron foron o señor tumbado e o busto de madeira. O señor tumbado, porque tiña un cor verde oscuro moi bonito. Representa un señor que esta insatisfeito, que non atopa nada que o contente. 

 E o busto de madeira porque tiña un tono dourado que parecía de metal. Rrepresenta un neno que esta soñando cunha viaxe en barco. 

O que mais nos chamou a atención foi o señor sentado na silla.O máis raro foi que tiña unha pegatina na espalda.

Contounos que estaba traballando nunha escultura de granito que pesaba moito.

Na clase preparamos entre todos as preguntas para facerlle unha entrevista. Cando estivemos con el contestounos amablemente.  



Manuel Rodeiro Rodríguez - Borja Penabella Carballo 4º E. Primaria


Entrevista completa
 

mércores, 9 de maio de 2018

COMENTANDO ESCULTURAS


       SEVERIANO
            LAGO 
                  PALMERO

Todas as obras que visitamos e imos    comentar son de Severiano Lago Palmero, escultor mosense que expón parte da súa obra na Biblioteca de Leirado.


A escultura seguinte é unha estatua porque se lle ve o corpo enteiro.

A técnica empregada é a talla en pedra.
Parece representar a figura dun home casado porque ten un anel nas costas e tamén abdominais, outra posibilidade sería a de un anxo que está escapando do lume pois os seus
brazos parecen asas.
Gustounos pola súa forma  orixinal.
Se nós fósemos o escultor chamaríamola "O señor do anel" ou "O home aguia".


Esta escultura é unha estatua porque esta deitada e míraselle o corpo enteiro.

O material é cemento colocado dentro dun molde,  posteriormente a estatua foi pintada.

Danos a impresión de que este señor está deitado descansando na praia, ou lémbranos cando eramos pequenos e aboiabamos enriba dunha colcheneta na auga, pero a súa cor negra danos un pouco de tristeza.
Pode ser que Severiano quixese representar ao seu pai que estaba deitado algo cansado.
A nos gustaríanos que o título fose "O rei de España", porque parece vivir coma un rei feliz.



Escultura a que só se lle ve a cabeza, chámaselle busto.
Gustounos a súa cor dourada.
Parece ser un home que vai pescar polo seu sombreiro de pescador e está moi tranquilo.
Un título que nos parecería ben sería "O neno pescador".  




Esta estatua causounos moita sorpresa cando a vimos tan grande; alegría, porque parece un señor que casi cae pero no último momento conseguiu poñerse de pe, é moi bonita e diferente por estar sentado sen cadeira.            

Nas súas costas ten unha cara pintada que pode indicar os sentimentos de tristeza do escultor, recordando a alguén que xa non está con el.

As cores claras podería indicar ledicia.
 

O nome apropiado para esta obra sería "O home con sorte".


Todas as ideas, interpretacións e títulos das obras son opinións dos alumnos e alumnas de 2º e non corresponde a algo que teña comentado Severiano Lago Palmero.

martes, 8 de maio de 2018

UN ESCULTOR NA ESCOLA

Durante dúas semanas tivemos a sorte de contar coas obras dun escultor na nosa escola, podendo visitalas todos e todas, as familias e todas as persoas interesadas. Severiano Lago Palmero adicounos parte do seu tempo falando connosco, explicando como é o traballo dun escultor: técnicas e materiais, significado da súa obra, etc. 





luns, 7 de maio de 2018

MODELOS ESCULTURAIS

NA AULA D 4 E 5 ANOS, DESPOIS DE VER E FALAR SOBRE MOITAS ESCULTURAS  E FACER AS NOSAS HIPÓTESES DO QUE QUERERÍAN EXPRESAR, ESCOLLEMOS AS QUE MÁIS NOS GUSTARON PARA INTERPRETALAS CO NOSO PROPIO CORPO. MIRADE QUE BEN O FIXEMOS:


xoves, 15 de marzo de 2018

PROCEDEMENTOS ARTÍSTICOS

Aprendemos moitas palabras novas relacionadas coa arte. Na clase de terceiro experimentamos e comprobamos que TALLAR non é nada doado, pero conseguimos algunhas figuriñas en RELEVO tallando nunha pataca. Logo utilizámolas para ESTAMPAR e realizar as nosas creacións. Rematamos pensando un título para a nosa obra e expoñendoa ao público.

                

sábado, 17 de febreiro de 2018

ALEXANDER CALDER

Os nenos e nenas de tres anos aprendemos algunhas cousiñas sobre este artista tan interesante. E tamén fixemos esculturas móbiles como as súas!


luns, 12 de febreiro de 2018

ESCULTURAS PARA A PAZ

Esplicamos as nosas esculturas que fixemos para celebrar o día da paz.

TODOS SOMOS IMPORTANTES 
Carmen, Martin, Iker O, Iker L.
 Representa que todas as persoas son importantes, porque ninguen é mellor que outro.
Coidar da humanidade e que a xente se leve ben.
E tamén que hai que coidar do noso planeta.      
ARMONÍA
Carlos, Raúl, Borja, Xabi.
Representa: O amor, ao estar todas as persoas xuntas, a unión e a consideración.
As uñas representan os continentes:
América- vermello
Europa- azul
Oceanía- verde
Asía- amarelo
África- negro




A PAZ MUNDIAL

Xurxo,Cristina, Lucía e Fins.

Representa que a paz é para todo o mundo.

A FROITEIRA AMOROSA


 Gael,Manuel,Felix.                                                                                  
Representa a unha arbore que, cando comes os séus froitos, volvémonos felices, bondadosos, amorosos.....  

xoves, 1 de febreiro de 2018

luns, 22 de xaneiro de 2018

ARTELLANDO ESCULTURAS

OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS CONVERTÉMONOS EN ESCULTORES E ESCULTORAS.
PRIMEIRO REUNINDO E CLASIFICANDO MATERIAIS




E DESPOIS DUN ARDUO TRABALLO E DEIXANDO VOAR A  IMAXINACIÓN, PRESENTAMOS AS NOSAS OBRAS: