venres, 23 de marzo de 2018

FALAMOS DE... FRIDA KAHLO

Para o Entroido as alumnas e alumnos de 2º estivemos investigando sobre Frida Kahlo para posteriormente confeccionar os disfraces.
 
 
 
 
Finalmente presentamos o noso traballo ao resto dos compañeiros e compañeiras da escola.
 
 
 

xoves, 22 de marzo de 2018

FALAMOS DE..... A MÚSICA

Para o Entroido ás nenas e nenos de cuarto correspondeulles a Arte da Música. Fixeron o seu disfrace de partituras musicais e investigaron sobre a figura do compositor galego Reveriano Soutullo


Logo comunicaron aos compañeiros o que aprenderon.

FALAMOS DE... ESCULTURA

Os nenos e nenas de 3º adentrámonos no mundo da escultura:
 


FALAMOS DE... MONDRIÁN

Isto foi o que contamos os nenos e nenas de tres anos:


FALAMOS DE... VELÁZQUEZ E AS MENINAS

Este foi o tema elixido polo alumnado de 6º de Primaria para a nosa investigación:


FALAMOS DE...PABLO PICASSO

Os nenos e nenas da clase de 1º coñeceron algúns aspectos da vida e obra do artista Pablo Picasso. Nesta exposición amosaron ao resto de compañeiros e compañeiras o que aprenderon.

               

FALAMOS DE... VAN GOGH

                
            

martes, 20 de marzo de 2018

SACAR A PASEAR A LIÑA

SACAMOS UNHA LIÑA A PASEAR E DEIXÁMOLA IR POR ONDE A IMAXINACIÓN NOS GUÍE, EXPERIMENTANDO UNHA TÉCNICA QUE DESCUBRIMOS INVESTIGANDO A PAUL KLEE.





LOGO COLOREAMOS OS ESPAZOS ENTRE ELAS CON MOITA ARTE. O RESULTADO FORON UNS CADROS MOI VISTOSOS:










xoves, 15 de marzo de 2018

PROCEDEMENTOS ARTÍSTICOS

Aprendemos moitas palabras novas relacionadas coa arte. Na clase de terceiro experimentamos e comprobamos que TALLAR non é nada doado, pero conseguimos algunhas figuriñas en RELEVO tallando nunha pataca. Logo utilizámolas para ESTAMPAR e realizar as nosas creacións. Rematamos pensando un título para a nosa obra e expoñendoa ao público.

                

luns, 12 de marzo de 2018

CREANDO CON AQUILES O PUNTIÑO

TODO EMPEZA CUN PUNTIÑO, COMO NESTE LIBRO QUE LEMOS

E POUCO A POUCO VAI MEDRANDO

ESTAS SON AS CREACIÓNS DOS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS A PARTIRES DUN PUNTIÑO (OU DOUS...)

DESPOIS DE QUE ESTE LIBRIÑO PERCORRERA TODAS AS CASAS, E COMO NOS GUSTOU TANTO, TAMÉN QUIXEMOS CREAR EN FAMILIA

venres, 2 de marzo de 2018

VIDEOPOEMAS A ROSALÍA

Poesía, música, ilustración, pintura...    Creacións de LeirARTISTAS,  froito do traballo con poemas de Rosalía: