martes, 22 de maio de 2018

FOTOGRAFÍA: A ARTE QUE CAPTA INSTANTES

Fixemos fotografías para expoñer no corredor. Buscamos para fotografiar cousas fermosas e bonitas de ver. Unhas fixémolas na excursión e outras no patio.
  O seu motivo foi: Entrenar a arte da fotografía. Fixemos as fotografías nos sós cunha cámara de fotos que nos prestou o colexio. 
Parecéunos moi divertida.

(Todas as fotografías picando enriba da imaxe)
https://photos.app.goo.gl/KwesCkjHqADy4O8L2

Carlos Rama Garrido e Xabi Rodríguez Rodríguez, 4º de E. Primaria

venres, 18 de maio de 2018

CADROS NA AULA DE MÚSICA

A pintora Maite Davila, familiar de alumnas , emprestounos algúns dos seus cadros. Estiveron expostos na aula de música. É un estilo moi bonito e inspirador para os nosos debuxos. Moitas grazas, Maite!.


 Durante uns días traballamos nun ambiente máis artístico!


luns, 14 de maio de 2018

PUNTILLISMO E PAISAXE

Os nenos e nenas de 3º experimentamos a pintura de paisaxes coa técnica do puntillismo, ao mesmo tempo que aprendemos sobre as características das paisaxes. Aquí volo contamos:



xoves, 10 de maio de 2018

NO MUSEO DE PONTEVEDRA: PINTURA

Na visita ao museo de Pontevedra aprendimos a mesturar cores, que utensilios e que material usar para pintar un cadro e poidemos disfrutar coa a pintura de algúns autores galegos.






 Autores tan polifacéticos como Castelao, que non só se adicou ao debuxo, á narración e  a política.






Descubrimos que se poden facer bodegóns, paisaxes, retratos...


UN ESCULTOR NA ESCOLA . ENTREVISTA

Gustounos a exposición de esculturas que hubo no cole . O escultor chámase Severiano Lago Palmero. 
As que máis nos gustaron foron o señor tumbado e o busto de madeira. O señor tumbado, porque tiña un cor verde oscuro moi bonito. Representa un señor que esta insatisfeito, que non atopa nada que o contente. 

 E o busto de madeira porque tiña un tono dourado que parecía de metal. Rrepresenta un neno que esta soñando cunha viaxe en barco. 

O que mais nos chamou a atención foi o señor sentado na silla.O máis raro foi que tiña unha pegatina na espalda.

Contounos que estaba traballando nunha escultura de granito que pesaba moito.

Na clase preparamos entre todos as preguntas para facerlle unha entrevista. Cando estivemos con el contestounos amablemente.  



Manuel Rodeiro Rodríguez - Borja Penabella Carballo 4º E. Primaria


Entrevista completa
 

mércores, 9 de maio de 2018

NO MUSEO DE PONTEVEDRA: HISTORIA

Visitamos o museo de Pontevedra onde escoitamos e vimos mostras do pasado, fontes históricas que nos permiten saber como o ser humano utilizou os recursos ao seu alcance para crear obxectos útiles pero xa dende sempre, con intención estética.

 E tratando de representar gráficamente realidades ou ideas

De novo a alumado de 5º e 6º recolleu fotografías, con moi bo criterio, de todo o que podía resultar de interese para lembrar.



COMENTANDO ESCULTURAS


       SEVERIANO
            LAGO 
                  PALMERO

Todas as obras que visitamos e imos    comentar son de Severiano Lago Palmero, escultor mosense que expón parte da súa obra na Biblioteca de Leirado.


A escultura seguinte é unha estatua porque se lle ve o corpo enteiro.

A técnica empregada é a talla en pedra.
Parece representar a figura dun home casado porque ten un anel nas costas e tamén abdominais, outra posibilidade sería a de un anxo que está escapando do lume pois os seus
brazos parecen asas.
Gustounos pola súa forma  orixinal.
Se nós fósemos o escultor chamaríamola "O señor do anel" ou "O home aguia".


Esta escultura é unha estatua porque esta deitada e míraselle o corpo enteiro.

O material é cemento colocado dentro dun molde,  posteriormente a estatua foi pintada.

Danos a impresión de que este señor está deitado descansando na praia, ou lémbranos cando eramos pequenos e aboiabamos enriba dunha colcheneta na auga, pero a súa cor negra danos un pouco de tristeza.
Pode ser que Severiano quixese representar ao seu pai que estaba deitado algo cansado.
A nos gustaríanos que o título fose "O rei de España", porque parece vivir coma un rei feliz.



Escultura a que só se lle ve a cabeza, chámaselle busto.
Gustounos a súa cor dourada.
Parece ser un home que vai pescar polo seu sombreiro de pescador e está moi tranquilo.
Un título que nos parecería ben sería "O neno pescador".  




Esta estatua causounos moita sorpresa cando a vimos tan grande; alegría, porque parece un señor que casi cae pero no último momento conseguiu poñerse de pe, é moi bonita e diferente por estar sentado sen cadeira.            

Nas súas costas ten unha cara pintada que pode indicar os sentimentos de tristeza do escultor, recordando a alguén que xa non está con el.

As cores claras podería indicar ledicia.
 

O nome apropiado para esta obra sería "O home con sorte".


Todas as ideas, interpretacións e títulos das obras son opinións dos alumnos e alumnas de 2º e non corresponde a algo que teña comentado Severiano Lago Palmero.

SAÍDA DO PROXECTO: VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

O día 4 de maio realizamos unha saída a Pontevedra para visitar o Museo. A visita estaba dirixida as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria.
Das primeiras cousas que nos enseñarón máis importantes son a evolución humana por medio de etapas:
Paleolítico,Neolítico,Idade dos Metais eIdade Antiga(Civilización Romana e Civilización Grega).
Enseñaronnos unha línea do tempo para que o entenderamos mellor .
Fomos por distintas salas. Cada sala trataba dun periodo histórico da vida dos humanos.
Fomos a unha sala onde habia obxectos de ouro, ademais todo tiña un valor de miles de euros.
Descubrimos que  os restos máis antigos de asentamentos humanos de Galicia atopáronso nas Neves, moi preto de nós. 
Nutra sala miramos un vídeo da construcción dos castros.
Nunha parte do museo,miramos un esqueleto dunha persoa maior e un rapaz de pouca idade.
Unha das cousas máis importantes que vimos foi:
As ferramentas de construcción das súas casas e as ferramentas decaza.(Estaban construidas con elementos naturais)
Ao rematar a vista ao museo,tomamos as nosas merendas na entra.Ao acabar as merendas volvemos de volta ao colexio.

Martín Pérez  e Lucía Rodrigues - 4º de E. Primaria


martes, 8 de maio de 2018

UN ESCULTOR NA ESCOLA

Durante dúas semanas tivemos a sorte de contar coas obras dun escultor na nosa escola, podendo visitalas todos e todas, as familias e todas as persoas interesadas. Severiano Lago Palmero adicounos parte do seu tempo falando connosco, explicando como é o traballo dun escultor: técnicas e materiais, significado da súa obra, etc. 





luns, 7 de maio de 2018

MODELOS ESCULTURAIS

NA AULA D 4 E 5 ANOS, DESPOIS DE VER E FALAR SOBRE MOITAS ESCULTURAS  E FACER AS NOSAS HIPÓTESES DO QUE QUERERÍAN EXPRESAR, ESCOLLEMOS AS QUE MÁIS NOS GUSTARON PARA INTERPRETALAS CO NOSO PROPIO CORPO. MIRADE QUE BEN O FIXEMOS:


venres, 4 de maio de 2018

FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

Experimentamos coa arte da fotografía. A temática proposta era o fomento da lectura, dentro das actividades do Día do Libro. Familias e alumnado puxeron en marcha a súa creatividade...
Olladas de luz sobre a lectura