SEVERIANO
LAGO
PALMERO
Todas as obras que visitamos e imos comentar son de Severiano Lago Palmero, escultor mosense que expón parte da súa obra na Biblioteca de Leirado.
A escultura seguinte é unha estatua porque se lle ve o corpo enteiro.
A técnica empregada é a talla en pedra.
Parece representar a figura dun home casado porque ten un anel nas costas e tamén abdominais, outra posibilidade sería a de un anxo que está escapando do lume pois os seus
brazos parecen asas.
Gustounos pola súa forma orixinal.
Se nós fósemos o escultor chamaríamola "O señor do anel" ou "O home aguia".
Esta escultura é unha estatua porque esta deitada e míraselle o corpo enteiro.
O material é cemento colocado dentro dun molde, posteriormente a estatua foi pintada.
Danos a impresión de que este señor está deitado descansando na praia, ou lémbranos cando eramos pequenos e aboiabamos enriba dunha colcheneta na auga, pero a súa cor negra danos un pouco de tristeza.
Pode ser que Severiano quixese representar ao seu pai que estaba deitado algo cansado.
A nos gustaríanos que o título fose "O rei de España", porque parece vivir coma un rei feliz.
Escultura a que só se lle ve a cabeza, chámaselle busto.
Gustounos a súa cor dourada.
Parece ser un home que vai pescar polo seu sombreiro de pescador e está moi tranquilo.
Un título que nos parecería ben sería "O neno pescador".
Esta estatua causounos moita sorpresa cando a vimos tan grande; alegría, porque parece un señor que casi cae pero no último momento conseguiu poñerse de pe, é moi bonita e diferente por estar sentado sen cadeira.
Nas súas costas ten unha cara pintada que pode indicar os sentimentos de tristeza do escultor, recordando a alguén que xa non está con el.
As cores claras podería indicar ledicia.
O nome apropiado para esta obra sería "O home con sorte".
Todas as ideas, interpretacións e títulos das obras son opinións dos alumnos e alumnas de 2º e non corresponde a algo que teña comentado Severiano Lago Palmero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario